Marta Anahata Yoga
Marta conta con unha larga experiencia no mundo do Ioga, e co seu centro. Anímate a seguir as súas clases e engánchate con ela a esta fabulosa práctica.
Ioga con Xorima
Cristina Mosteiro con un centro de Ioga chamado Xorima, colabora tamén con nós nesta páxina nestos días de confinamento!
Mindfulness
Prácticas de Mindfulness para calmar a ansiedade
«Para que o mindfulness faga efecto en ti, debes de facer a práctica de forma regular. Un día basta para coñecelo, pero precisas de toda a vida para que se desenrole en ti»
A continuación presentamos 5 audios de meditación Mindfulness para calmar a ansiedade. As primeiras veces que se escoiten e practiquen convén escoitalos por orde (un ou dous cada día). O finalizar podese repetir a serie completa ou só algúns según a súa necesidade.
Amiga ansiedade 1
Amiga ansiedade 2. Respirando no corazón
Amiga ansiedade 3. Escaneo corporal
Amiga ansiedade 4. Ollos e lingua
Amiga ansiedade 5. As 9 pontes
Tomo presenza – prácticas para calmar a ansiedade
Non é fácil vivir conscientemente dedicado ás accións e experiencias diarias, dirixindo a mente, centrándoa, baleirándoa dos contidos ansiosos, das expectativas, aprehensións, prexuízos, anticipacións, enganches co pasado ou futuro posible.
A presenza consciente mellora a comunicación e a afectividade porque ao interactuar, estamos realmente alí, presentes, escoitando, abertos, baleiros de ideas preconcibidas e, ao mesmo tempo, fluíndo coa enerxía do axudado.